Microefectos volve para soprar as velas do seu quinto aniversario

Logo de tres meses dende a última sesión Microefectos Dramatúrxicos volta este xoves e venres ao Clube Clavicémbalo en pases de 20:30 e 22:30. Esta sesión será moi especial porque, ademais de representarse catro pezas novas (todas elas escritas, dirixidas e interpretadas polos diferentes membros do colectivo), celebrarase o quinto aniversario do grupo. Haberá, polo tanto, numerosas sorpresas e agasallos.

Microefectos pon en escena pezas duns 15 minutos de duración nas que se contan historias da vida mesma para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

O proxecto comezou en maio de 2013 na sala Velvet Underground e en novembro dese mesmo ano mudou ao Clavicémbalo. Ao longo destes cinco anos fixéronse 40 sesións (nun primeiro momento mensuais e logo trimestrais), dúas montaxes de longa duración (Que vai ser de nós! e Maltratadas) e, en total, representáronse 160 micropezas das que 149 foron de produción propia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com