Mondoñedo adhírese ao convenio contra incendios forestais para o xestión da biomasa nas faixas secundarias

O Concello de Mondoñedo tramitará esta mesma semana a súa adhesión ao convenio subscrito entre a Xunta, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

O Goberno local iniciará unha campaña informativa polas parroquias na que se explicará cales son as zonas afectadas e o propio contido do convenio. Ao mesmo tempo, nos locais sociais das parroquias terán á súa disposición os planos cos espazos delimitados para que os propietarios poidan identificarse como afectados, de ser o caso. Será unha labor que contará coa colaboración de Protección Civil de Mondoñedo.

Vantaxes para os propietarios

Os labores centraranse nos terreos abandonados e nos de particulares que se adhiran a un contrato de xestión de biomasa coa entidade xestora do devandito sistema público.  Os titulares de montes que se comprometan co sistema aboarán unha tarifa bonificada de 350 euros por hectárea para a xestión da biomasa nos seus terreos. Os propietarios beneficiaranse así das vantaxes do sistema, que inclúen a asunción polas administracións públicas dos maiores custes a que poidan dar lugar estes traballos.

Trátase cunha iniciativa que dará facilidades aos propietarios para que cumpran coas súas obrigas legais. Desde o Concello de Mondoñedo valoran especialmente que se lle poida dar unha solución burocrática a aquelas parcelas cuxos propietarios son imposibles de localizar. Estes trámites xa se viñan xestionando individualmente por parte do Concello chegando a facelos de forma subsidiaria nalgún casos, pero esta solución, apunta a rexedora, “farao moito máis doado”.

Candia avanza ademais que o Goberno local contratará a redacción do plan de incendios. “É un asunto no que sempre se manifestou unha gran sensibilidade pola nosa parte e no que imos seguir avanzando con esta contratación”, abunda.

No marco da loita contra os incendios forestais o Goberno local leva desde o 2015 limpando de maleza con maquinaria cada ano preto de 300 quilómetros de superficie de todas as parroquias, uns traballos que completa con limpeza a man nos lugares de difícil acceso. A rexedora sinala que estas actuacións son “enormemente” beneficiosas para incrementar a seguridade dos peóns e dos condutores e dar unha mellor imaxe do Concello, ao tempo que se contribúe á loita contra os incendios forestais”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com