A Montaña Lucense espera a visita de 200 persoas no III Desafío Ribeira de Piquín

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, e o Presidente do Club Ciclista Ribeiras do Miño, Luís Naval, presentou este xoves no Porto da Barraca o III Desafío Ribeira de Piquín, que terá lugar o vindeiro domingo. O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva, pois decidiu realizar unha achega de 3.000 euros ao Club Ciclista Ribeira do Miño para a organización do Desafío. Tamén colaboran os Concellos de Ribeira de Piquín e A Pontenova, polos que discorrerá a proba.

Rivera Capón subliñou que “apostamos pola organización deste Desafío posto que se trata dunha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos da Montaña Lucense como o Porto da Barraca, o Coto de Frades ou o Porto de Cruz de Meira. Non en vano, compráceme anunciar que xa hai preto de 200 participantes inscritos, entre os que se atopan ciclistas de renome como Ezequiel Mosquera”.

O Deputado de Deportes engadiu que “a saída terá lugar ás 9:00 horas e os participantes deberán completar 121 quilómetros con 3.200 metros de desnivel positivo, o que supón todo un reto en medio dunha paraxe de incalculable valor natural e paisaxística”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com