Morre un home en Sarria tras quedar atrapado baixo o seu tractor

Morre un home en Sarria tras sufrir un accidente co seu tractor. Os feitos tiveron lugar esta mañá, contra as once e media nunha leira do lugar de San Fiz. O corpo da vítima quedou atrapado entre a máquina agrícola e un muro. Todo parece indicar que a vítima deixou o tractor sen o freo posto, o que ocasionou o sinistro.

Segundo o servizo de emerxencias 112, os Bombeiros de Sarria desprazáronse ata o lugar dos feitos cun equipo de excarceración, pero unicamente puideron liberar o corpo xa sen vida do home.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com