Música e hípica completan a programación estival para a mocidade do Concello

O Concello de Lugo segue a ampliar a oferta de actividades para a mocidade no verán, ofrecendo así múltiples alternativas lúdicas-saudables de lecer aos rapaces e rapazas de entre 16 e 30 anos. Concretamente, a entidade local programou diversas sesións de rap, no anfiteatro do Parque de Rosalía de Castro, dende xullo a setembro. Así o explicou a Concelleira de Cultura quen anunciou as datas: os días 24 de xullo, 14, 21, 23 e 28 de agosto e o 4 de setembro. No caso de facer mal tempo, esta programación, que se celebrará en horario de 19:00 ás 22:00 horas, trasladarase á Casa da Música.

Tamén, para continuar achegando a música á veciñanza máis nova, o Concello ofrece obradoiros de Dj&Techno ao longo da época estival. As persoas participantes poderán aprender historia da música electrónica, os seus inicios e estilos, mezlar e ecualizar, cadrar tempos, sintonizar ou evitar a falta de harmonía, da man de Miguel Rivera, Elektrógena, Elektor e Inopia. Os talleres terán lugar o 26 de xullo, 8, 22 e 29 de agosto, e o 5 e 12 de setembro, dende as 19:00 ás 22:00 horas; en diversas localizacións da cidade. Como broche de ouro a estes dous talleres, o 15 de setembro terá lugar o festival de música urbana Skuare Sound, na Praza da Soidade, dende as 19:00 horas en diante, durante unhas cinco horas.

Dentro dos obradoiros, este xoves comezará un seminario de nocións básicas para o achegamento ao mundo da aeronáutica (drons e avións). Hai 15 prazas para este taller que, na parte teórica, comprende conceptos básicos de RPAs e de avións, e un curso de salto tandem. Xa no máis práctico, voos con drons e en avión, así como salto en paracaídas. Para este último, o límite de peso (vestido, calzado e arnés posto) é de 95Kg.

A maiores tamén hai hípica para rapaces e rapazas de entre 13 e 18 anos. Establécense catro grupos de catro persoas participantes. A duración das clases será de dúas horas e media, dende as 17:45 ás 20:15 horas, nas instalacións de Equs, en Vila Rubías.

Todas as actividades, enmarcadas dentro do programa +Xtí, de prevención de consumo de drogas, financiadas polo Ministerio de Sanidade, son de balde, pero é preciso inscribirse no 010.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com