Nace na Residencia unha nova Plataforma Veciñal para “loitar polo barrio”

O barrio da Residencia continúa na loita porque as administracións revivan o complexo onde se situaba o Vello Xeral. Moitas son as promesas que levan escoitado os veciños da zona pero, o certo é, que as obras non empezan. Por esta razón, e co ánimo de seguir pelexando para que lles fagan caso, a veciñanza vén de crear unha Plataforma Veciñal para “loitar polo noso barrio, despois de ver o que está ocorrindo co Concello e a Xunta”.

A plataforma asegura que levan tempo presenciando as batallas entre os partidos políticos e “a realidade é que non se fai nada polo barrio”, e aclaran que con esta unión de veciños buscan darlle visibilidade ao “problema real do barrio” e que todos os veciños se sintan representados”.

Ademais do abandono do antigo complexo hospitalario, a plataforma denuncia que o propio bariro está “abandonado, con moita suciedade e falta de consevación do mobiliario urbano”.
Con todo isto, a recente unión de veciños, púxose xa a traballar e convoca unha concentración para o vindeiro martes, 3 de outubro, ás 20.00 horas, na propia porta do antigo Xeral.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo