Novo porteiro de futuro para o CD Lugo

O Club Deportivo Lugo, tras presentar a Jona e determinar que a primeira semana de pretempada será en Guntín, vén de anunciar un novo porteiro para ser o segundo de Juan Carlos. Alberto Varo, procedente do Nàstic de Tarragona, xogou as dúas derradeiras tempadas cedido no FC Barcelona B, disputando oito encontros na categoría de bronce e dez na de plata. Despois da súa aventura no filial do Barça, Lugo e Nàstic chegaron a un acordo para o traspaso do xogador catalán. Varo, tamen coñecido como ‘Águila’ pola súa alta porcentaxe en parar penaltis, firma por dous anos con opción a un terceiro.

Presentación de Jona
Esta mañá, e no Estadio Anxo Carro, foi presentado o novo dianteiro do Lugo Jona Mejía. A súa vez, Viqueira afirmou que estaban a buscar un dianteiro máis para así ter catro arietes en plantilla. O cuarto ‘9’, podería ser Dongou, procedente do Nàstic de Tarragona.

Inicio da pretempada en Guntín
O conxunto que dirixirá Javi López, comenzará o traballo este mércores 11 de xullo no Campo de Ladairo, situado en Guntín. Os albivermellos traballarán alí dende o mércores (10:00 e 18:30) ata o sábado (10:00 e 18:30).

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo