O BNG e Lugo Monumental critican as obras da parcela traseira de San Fernando

A edil do BNG no concello de Lugo, criticou que o goberno municipal “unha vez máis” ignore os mandatos do Pleno e se dedique a facer obras “inútiles” cos cartos públicos. Maite Ferreiro lembrou que en xullo de 2016 a corporación aprobou, por unanimidade no Pleno, a proposta para a creación dunha zona de xogo dentro de murallas e o BNG reiterou en novembro de 2016 a oportunidade de crear esta zona de xogo aproveitando o derribo do muro e lavandería do edificio do cuartel.

“Incluso o propio PSOE votou a favor da creación dunha zona de xogo infantil, cando o BNG o propuxo  no pleno” sinalou Maite Ferreiro e engadiu “e agora vemos como executan unha obra en contra do seu propio parecer, gastando 6.000 euros e sen dar solución a unha demanda veciñal evidente”. “No centro da cidade hai unha carencia real destas instalacións para o ocio de nenas e nenos” afirmou Ferreiro e explicou que “as poucas instalacións que hai son insuficientes e moitas veces as nenas e nenos teñen que gardar colas para subir aos xogos”.

Lugo conta con dúas zonas de xogos infantís dentro do recinto amurallado, unha delas, a do Campo Castelo, está totalmente saturada e a do Cantiño atópase nunha zona de pouco tránsito. Destacadas asociacións empresariais do casco histórico e veciñais teñen demandado e plantexado a creación dunha zona de xogo nesta zona da cidade.

Unha obra “provisional”

A edila referiuse ao proxecto encargado polo goberno municipal para o acondicionamento da zona, no que xa se explícita literalmente que “se opta por una solución sencilla que permita un uso provisional de la misma hasta su uso y diseño definitivo”. Para o BNG “resulta insultante que se gasten 6.000 € nunha obra provisional e se ignore a decisión do pleno”. Ferreiro explicou que o acordo plenario data de xullo de 2016 e o proxecto foi rematado en agosto de 2017 “co cal se debería ter incluído a decisión plenaria por que tempo sobraba”.

Lugo Monumental

Tamén a  Asociación Lugo Monumental observa con preocupación a evolución das obras da parcela traseira de San Fernando, onde aparentemente estanse dando os pasos para crear un “xardín de rocas”. A rocalla que xa ocupa unha parte da parcela, fai que esa área quede inhabilitada para o seu uso para xogos infantís, paseos ou calquera tipo de actividade, xa que non é un terreo ao que se poida acceder. Este tipo de propostas, de chans con rocas irregulares e soltas, ten sentido cando se pretende crear unha separación física sen ter que colocar valos ou outro tipo de barreiras verticais, pero nunha parcela que recentemente se recuperou para uso público non é o máis adecuado. Tras décadas tapiada, esta zona debería ser transitable e, o que é máis importante, aproveitable para levar vida a estas rúas. Diversas propostas: Para Lugo Monumental sería moitísimo máis apropiado crear un parque infantil que permita desconxestionar o saturado de Campo Castelo, unha área de máquinas biosaludables para facer exercicio e mesmo un pequeno xardín con céspede e bancos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo