O BNG critica que un verán máis Lugo quedou sen zona de baño

Rubén Arroxo dixo que unha vez que vai finalizando xa a época estival, “este é o décimo agosto que remata dende a súa aprobación e seguimos sen zona de baño no Miño”. O portavoz do BNG lembrou que dende o 2009, cando o seu grupo conseguiu por vez primeira a aprobación desta proposición, levan insistindo en que se execute a tan ansiada zona pública de baño “é incrible que a maioría dos concellos do entorno, malia seren moito máis pequenos, teñan zonas de baño fluviais e Lugo non sexa capaz de ter nin un acceso seguro ao río” afirmou o concelleiro nacionalista.

Dende o BNG quixeron lembrar que a alcaldesa de Lugo mantivo unha reunión o pasado mes de abril co daquelas presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil na cal confirmou na súa saída que este ano Lugo tería xa neste verán a zona pública de baño no Miño “A alcaldesa anunciou o 9 de abril deste mesmo ano que neste verán Lugo tería zona de baño. Hoxe demóstrase que foi outra mentira máis” dixo Rubén Arroxo.

O BNG quixo lembrar tamén que tras a xuntanza da Comisión de Seguimento de Asuntos Plenarios que tivo lugar o pasado 3 de agosto o goberno municipal xa descartaba a posibilidade de que Lugo contase cunha zona de baño no río neste mandato, convertendo o debate nunha longa lista de explicacións sobre informes e contra-informes entre as diferentes institucións “Cada vez que se trata este tema aparece un ping-pong político entre PP e PSOE polos desencontros das institucións que gobernan, polo que fica claro que Lugo continuará sen zona pública de baño mentres o PSOE ou o PP gobernen no noso concello” afirmou o portavoz do BNG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com