O BNG lembra ás administracións as promesas feitas aos veciños do Sagrado Corazón

Ediles do BNG visitaron o barrio do Sagrado Corazón e comprobaron que non hai nada feito dos anunciados proxectos da Xunta e do Concello.

““Nin ascensor, nin novo colexio para o Sagrado Corazón esta é a realidade das promesas de PP e PSOE””, dixo Rubén Arroxo e comprobou como nos terreos nos que se anunciou a construción dun novo centro escolar “medra a maleza pero non hai rastro de obras “o que indica que pasará outro curso escolar máis sen que se dote a esta zona dun novo colexio”” e lembrou “”tanto cargos do PP como do PSOE se afanaron en presentar proxectos e anunciar a construción pero a realidade é teimuda e nin hai nada feito nin parece que se vaia a facer un futuro próximo””.

Rubén Arroxo lembrou, tamén, como os gobernos socialistas do concello de Lugo levan anunciando a construción dun ascensor para o barrio “dende que en xullo do ano 2013 o anterior alcalde socialista presentou o proxecto para a construción dun ascensor no Sagrado Corazón, “as veciñas e veciños seguen subindo polas escaleras”” dixo Rubén Arroxo. O voceiro do BNG fixo referencia á inauguración do aparcadoiro de ADIF e apuntou “”está moi ben que a alcaldesa acuda a inaugurar obras que lle fan outras administracións pero tamén debería preocuparse polas que ten que facer o concello e que levan anos paralizadas””.

Ademais, durante a visita, os ediles do BNG sinalaron que “resulta “lamentable” o abandono do edificio que albergaba a gardaría que permanece pechado e sen uso”. A falta de “axilidade” dos gobernos das administracións permitiron o peche da gardaría que funcionou durante anos no barrio e que a día de hoxe “é outro edificio máis que está pechado e deteriorándose co paso do tempo”. O BNG tamén solicitará unha maior limpeza das beirarrúas do barrio e o arranxo das fochancas existentes no cruce coa Avenida Adolfo Suárez que é o acceso máis transitado para o barrio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com