O BNG levará ao Parlamento Galego as incidencias no transporte escolar en Láncara

O BNG levará ao Parlamento Galego unha pregunta sobre as incidencias rexistradas no transporte de escolares do Concello de Láncara despois da supresión da liña e o establecemento dunha liña compartida con pasaxe regular.  Olalla Rodil explicou que “a comezos do mes de outubro, alumnado do Concello de Láncara que cursan estudos na cidade de Lugo denunciou publicamente as condicións nas que ten lugar o servizo de transporte, viaxaban nun autobús masificado e obrigouse ao estudantado a ir de pé ou sentado no corredor do vehículo o que constitúe un enorme perigo para o conxunto da pasaxe”.

O BNG preguntará no Parlamento Galego como valora a Xunta de Galiza que estudantes de Láncara viaxen de pé ou sentados no corredor dun autobús por falta de espazo e tamén por que suprimiu o Goberno galego a liña das 14.35h cando viña prestando un importante servizo para o estudantado do Concello de Láncara que cursa estudos en Lugo. Os nacionalistas propoñen a restitución desta liña tendo en conta as condicións nas que se está a producir o transporte e as demandas da veciñanza e o Concello de Láncara.

Iago Bande informou que a veciñanza de Láncara ten solicitado á empresa concesionaria a Xunta de Galicia, unha parada dos autobuses no centro da Pobra e o BNG demandaralle ao Goberno Galego que esta parada es estableza. A razón de que se tivesen producido estas condicións son debidas á supresión, após a entrada en vigor do novo Plan de transporte da Xunta de Galiza, do autobús que prestaba o servizo Lugo-Pobra de San Xiao-Láncara-Baralla ás 14.35h e que viña usando, entre outras persoas, o alumnado lancarés que cursa estudos nos institutos da cidade de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com