O BNG pedirá en Pleno a creación de medidas de control da Velutina

O BNG levará ao Pleno do Concello de Lugo unha iniciativa para reclamar medidas de control contra a expansión da Vespa Velutina. “Nos últimos días houbo 3 persoas mortas no país e parece que ninguén se preocupa por un problema que aumenta e xa advertimos”, dixo o voceiro da agrupación, Rubén Arroxo. O pleno de xullo será o último do curso político e ata o mes de setembro non se volverá a reunir a corporación de Lugo polo que “entendemos que non se pode agardar máis para tomar as medidas necesarias e por iso impulsamos esta proposición pola vía de urxencia en vista de que non se está a facer nada”, dixo Arroxo.

Arroxo lembrou que o PP votou en contra dunha proposición non de Lei do BNG no Parlamento galego na que se instaba á Xunta de Galicia a “impulsar, financiar e coordinar unha campaña primaveral de trampeo masivo coa distribución de 50.000 trampas cos seus 300.000 atraentes por todo o territorio galego onde a avespa Velutina teña presencia”. O BNG proporá que no concello se implanten sistemas de actuación para frear a praga. Rubén Arroxo concretou a necesidade de instalar trampas en terrazas e xardíns e explicou que “cada raíña que se captura é un enxamio menos e así irase freando o avance desta especie invasora”.

O voceiro nacionalista sinalou que “a competencia é da Xunta de Galicia pero o concello debe ter previsto un plan de actuación para poder afrontar os problemas derivados da presenza deste insecto no noso concello”. A iniciativa do BNG-AA tamén servirá para instar á Xunta de Galicia a que poña os medios necesarios para tratar de frear a invasión da coñecida como avespa asiatica. “Non hai que inventar nada novo, trátase de aplicar protocolos eficaces como o de Euskadi que está a dar un bo resultado”, afirmou Arroxo. 

Arroxo lembrou que o pleno do concello aprobou unha iniciativa do BNG no ano 2016 para que se adoptasen as medidas precisas para o control da Velutina no termo municipal. Para Arroxo “trátase dun problema que se da en todo o país e se non se toman medidas vaise converter nun grave problema para a apicultura, a agricultura e as propias persoas”. 

O BNG propón, unha vez má, que no Concello e Xunta implanten sistemas de actuación para frear a plaga. Rubén Arroxo concretou a necesidade de instalar trampas en espazos públicos e animar ás veciñas e veciños a colocar trampas en terrazas e xardíns e explicou que “cada raiña que se captura é un enxamio menos e así irase frezando o avance desta especie invasora”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com