O BNG preguntará polo proxecto fracasado de Hortos Urbáns en Fontiñas

BNG-AA trasladará á Comisión correspondente unha serie de preguntas en relación á posta en marcha dos hortos urbáns municipais no parque dos Paxariños. Rubén Arroxo comprobou como “neste momento o espazo no que se anunciou a creación de hortos urbáns permanece chea de herba e maleza”. Despois dun investimento de 60.000 € anunciado polo Goberno Municipal “nin se acondicionou o terreo, nin se puxeron os hortos en marcha, nin se fixo absolutamente nada”, dixo Arroxo e sinalou “o PSOE non cree na implantación dos hortos e por iso nin funcionan nin van funcionar ata o que o BNG tome as rendas do goberno municipal”. 

Arroxo lembrou que no mes de abril o goberno municipal anunciou o acondicionamento dunha extensión total de 3.000 metros cadrados, dos cales se empregarán para o cultivo 1.085. Na zona de hortas crearíanse 33 parcelas, e os restantes serían zonas comúns: un aparcamento, unha caseta de madeira para apeiros e material, fontes de rega e mesas e bancos de uso público, todo, integrado no entorno. “Fíxose unha ordenanza de uso, establecéronse as bases para a adxudicación, contratouse a obra e, finalmente, todo ese consumo de recursos públicos deu como resultado: nada” afirmou o voceiro do BNG. 

Para o BNG “é un exemplo máis do desleixo deste goberno municipal que non é capaz de materializar proxectos interesantes para a cidade, por que o PSOE non cree na implantación dos hortos e por iso nin funcionan nin van funcionar ata o que o BNG tome as rendas do goberno municipal” afirmou Arroxo. Os hortos urbáns son unha demanda do BNG dende fai moitos anos e un proxecto que se incluíu nos orzamentos municipais en diversas ocasión pero que o goberno municipal nunca foi capaz de poñer en marcha.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com