O BNG propón crear un programa de instalación de composteiros comunitarios

O BNG aposta pola creación dun programa de instalación de composteiros comunitarios en zonas do concello. Rubén
Arroxo explicou que “neste momento o concello de Lugo está pagando por enviar a SOGAMA toneladas de materia orgánica que se podería aproveitar para hortos, xardíns ou explotacións agrícolas” e engadiu “ademais dos
gastos e recollida e transporte o custo de procesamento dunha tonelada de lixo en SOGAMA ronda os 80 €”. Ester programa de compostaxe comunitaria podería iniciarse en parroquias do rural ou urbanizacións para despois estenderse a outros puntos do concello.
O BNG propón que a experiencia se inicie en algunha zona rural ou semiurbana para “testar os resultados” e sinalou “nós temos claro o xeito de facelo xa que en concellos como Allariz esta experiencia xa está funcionando cun
resultados moi aceptables”
A proposta dos nacionalistas pasa pola instalación das chamadas illas de compostaxe, nas que se instalan composteiros que a propia veciñanza xestiona. A posta en marcha desta iniciativa ten que comezar cun plan de concienciación entre veciñas e veciños e que deben coñecer como funcionan os composteiros comunitarios e implicarse no programa.
Ademais de incidir nun importante aforro na xestión de residuos, as persoas que participan poden beneficiarse aproveitando o compost que producen para os seus hortos, xardíns ou explotacións agrícolas.

O programa podería iniciarse en dúas ou tres zonas de xeito experimental para irse implantado na totalidade do territorio do concello de Lugo, segundo Rubén Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo