O BNG quere saber se a rede de biomasa de Frigsa está funcionando axeitadamente

BNG pedirá información ao Goberno Municipal sobre o funcionamento da rede de biomasa que se instalou no parque de Frisa fai menos dun ano, no pasado mes de novembro. Rubén Arroxo sinalou “foi unha obra cuestionada dende o principio e non temos as seguridade de que o aproveitamento sexa o axeitado”. A instalación dunha rede de biomasa nas dependencias de Frigsa foi executada pola UTE  Forestación Galicia e Forestación e Repoblación SA e investiuse un total de 874.063 euros, cun prazo de execución de 14 días.

Arroxo lembrou que este proxecto, contaba cunha subvención do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) por valor de 700.000 euros, e lembrou tamén que o Goberno delegara a finais de setembro as competencias no Concelleiro de Desenvolvemento Sostible para a resolución de todos os actos de trámite e resolutivos necesarios para a contratación destas actuacións. Rubén Arroxo sinalou que “non é normal que se faga un investimento deste tipo e despois dun ano continúe sen funcionar”.

Para o BNG “O Goberno Municipal ten que responsabilizarse das obras que fai e de vixiar a efectividade dos investimentos feitos con cartos públicos, pero ás veces parace que unicamente hai intención de contratar obras independentemente do que suceda despois e de que as instalacións funcionen ou non”. Arroxo avanzou que o BNG estará vixiante con este tema por que “non imos permitir o despilfarro de cartos públicos, especialmente cando se trata de actuacións coma esta que xa están cuestionadas dende un principio”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com