O CB Breogán cambia o seu adestramento á Pobra de San Xiao

O CB Breogán levou a cabo o seu adestramento deste luns no Polideportivo da Pobra de San Xiao, grazas a unha iniciativa da Deputación Provincial de Lugo. Tras o adestramento do clube, os rapaces da localidade lucense tiveron a oportunidade de fotografarse cos xogadores e estes agradeceron a acollida recibida entregándolles entradas dobres para o partido que enfrontará ao CB Breogán co CB Prat o próximo sábado 25.

Este adestramento fóra da rutina do clube enmárcase dentro do contrato de patrocinio que o organismo provincial asinou co club celeste para a promoción da provincia e o impulso da integración social, igualdade, solidariedade, compañeirismo e superación a través do baloncesto.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com