O CB Sarria organiza adestramentos abertos a quen o desexe durante o verán

O Club Baloncesto Sarria organiza adestramentos para as distintas categorías de base e para todos os nenos que o desexen, incluídos aqueles que aínda non forman parte do club e que desexan iniciarse no deporte da canastra.

Os adestramentos comezan o luns 2 de xullo e finalizan o venres 17 de agosto. Serán tres días por semana. O prazo de inscrición é do 15 ao 30 de xuño aínda que se manterá aberto na medida das posibilidades. Cobrarase unha cota de 15 € ao mes por neno e será obrigatoria a domiciliación bancaria de dito pago.

Do sábado 14 de xullo ao domingo 22 de xullo celébrase tamén en Sarria o “Campus Baloncesto no Camiño” polo que esa semana non haberá adestramentos.  Máis información no correo electrónico cbsarria@cbsarria.com ou nos teléfonos 670732297 (Xabi) e 696222258 (Maísa).O formulario de inscrición está disponible no enlace https://goo.gl/vcfvse, podendo facer a inscrición online.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com