O CD Lugo gaña ao Elche CF mostrando unha gran superioridade

Gran partido do Club Deportivo Lugo en terras ilicitanas nun encontro no que ambos equipos se repartían as ocasións. Nada máis comezar O Elche CF estivo a piques de marcar, nunha oportunidade de Guillermo desactivada por un gran José Juan en saída rápida; e os de Luís César en idéntica situación, grazas á aproximación de Joselu a centro cruzado de Iriome. A primeira vantaxe da tarde, chegaba nun centro raso que tras tocar en Pelegrín, coábase na meta local. Co 0-1 no marcador os de Luís César vían recompensada a súa mellor aposta por alcanzar posicións de remate con eficacia e velocidade.

O control seguía do lado visitante, e as mellores ocasións sucedíanse en botas dun CD Lugo cada vez máis cómodo no partido. Tras varios intentos, en ocasións de Pedraza e Iriome, chegaría un novo gol nunha xogada entre Pedraza e Campillo por carrís interiores que concluía en remate raso e axustado do madrileño, facendo inútil a estirada dun Juan Carlos impotente ante o vendaval de xogo rival. A primeira parte remataba cun 0-2 no marcador e cun CD Lugo mostrándose superior ao contrario en todas as facetas do xogo.

A segunda metade comezaba cunha presión alta e manexo do balón para o CD Lugo, na procura do espazo en poucos toques para o rival. O equipo amurallado dominaba a iniciativa no xogo, e orde defensiva, sen renunciar ao ataque, nas arrancadas de Iriome, Pedraza e Joselu.

Pola contra o Elche CF seguía intentando achegarse no marcador, e tiñan unha clara oportunidade nun remate de Fervías que Jose Juan sacaba con seguridade.

O ingreso de Perea, Sergio Gil e Igor Martínez ía supoñer un novo sopro de aire fresco para o equipo, cando, tras saque de esquina envelenado de Campillo, aparecía a cabeza do punta, Igor Martínez, para facer o terceiro e pechar un partido de superioridade, e demostrada eficacia para os de Luís César, que daban así carpetazo ao choque desta tarde.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com