O CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo disporán dun novo espazo cuberto

O CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo disporá dunha nova cuberta no patio, dende a entrada ao recinto ata as edificacións. Para a realización contará cunha achega de 13.000 euros da Deputación de Lugo. Así o avanzou o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, quen subliñou que “con esta axuda damos resposta a unha demanda da directiva do centro e da Asociación de Nais e Pais, permitindo que as nenas e nenos do colexio dispoñan dunha nova zona de xogo cuberta, ademais de protexer da choiva para acceder ás aulas, posto que actualmente hai un patio sen ningún tipo de recubrimento”.

O CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo conta actualmente con 400 alumnos de Educación Infantil e Primaria. A obra permitirá que o centro dispoña dun paso peonil cuberto dende a porta de acceso ata o porche de entrada ao edificio principal. Esta instalación estará composta por unha estrutura metálica con 5 pórticos, que sustentará unha cuberta formada por chapas cegas e translúcidas para conseguir iluminación natural, contando cunha altura mínima de 2,20 metros e un ancho de 5,40 metros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com