O Circo Romano xa ten á venda as súas entradas

O Concello de Lugo vén de poñer á venda as entradas para o Harpastvm, o Circvs Romano e o espectáculo Divinivm, no marco do Arde Lvcvs, todas elas cun prezo de 3 euros e ata un máximo de dez por persoa. Nos tres casos poderanse adquirir a través da web www.entradaslugo.es ou ben na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo. Todos os eventos serán na explanada do Pavillón Municipal. O primeiro deles, o Haspartvm, terá lugar o venres, ás 23:30 horas, a cargo das asociacións de recreación histórica Caetra Lucensium, Mercenarios Galaicos e Guardia Pretoriana. O Circvs Romano será o sábado, a partir das 18:00 horas, e o Divinivm, tamén o sábado, dende as 23:55 horas.

Así mesmo, mantense aberto o prazo inscrición para a carreira II Mvrvs Lvcis, Romanos contra Castrexos, que se celebrará na primeira xornada do Arde Lvcvs MMXVIII, o 15 de xuño, a partir das doce da noite. Constará dunha volta polo adarve da Muralla, correndo o grupo dos romanos e o dos castrexos en sentido contrario, é dicir, un grupo sairá cara a dereita e outro cara a esquedra, sentido que escollerá un representante do grupo romano e do grupo castrexo a cara ou cruz.

O límite de inscricións será de 250 persoas, 125 romanos e 125 castrexos, e a idade mínima para participar é de 16 anos. Todas as persoas que desexen participar deben inscribirse, ata o 11 de xuño, a través da páxina web www.championchipnorte.com. O custo da inscrición é de 3 euros e inclúe vestimenta de caracterización, a elixir á hora da inscrición entre romano ou castrexo. As prazas iranse esgotando por rigurosa orde de inscrición. Así mesmo, avituallamento líquido ao rematar a proba.

A recollida de dorsais e vestimenta realizarase no centro colaborador do evento Forus Lugo, na rúa Iglesias Otero, entre o 13 e o 15 de xuño. Haberá un gañador e unha gañadora absolutas en cada categoría (romana ou castrexa) e un equipo gañador, que resultará da suma dos 15 mellores tempos masculinos e 10 femininos de cada categoría.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com