O Concello adebeda subvencións nominativas de 2017 a 23 asociacións

A concelleira do Partido Popular no Concello de Lugo, Mari Teijeiro, desvelou que 23 das 30 entidades sociais que teñen asignadas as subvencións nominativas por parte do Concello aínda non recibiron as axudas correspondentes ao ano 2017 o que supón un esforzo persoal dos responsables destas entidades que, en moitas ocasións, vense na obriga de solicitar créditos ou adiantar cartos propios para facer fronte aos gastos subvencionados por este Concello.

Unha situación que o goberno socialista de Lugo permite a pesar de que no pleno de febreiro do ano 2017 o Grupo Popular acadou a maioría para aprobar unha proposición relativa ás axudas sociais, tanto a familias como a entidades sen ánimo de lucro, coa que se pretendía, que o Concello de Lugo adiantase as datas das convocatorias de axudas e axilizase a tramitación e o pago das mesmas unha vez estean debidamente xustificadas.

“Agora entendemos o motivo de que o goberno de Lara Méndez votase en contra desta medida”, afirmou Teijeiro,  que tamén asegurou que nese intre o goberno local “delatou” que “non tiña intención nin tan sequera” tentar que o pago destas axudas se realizase nun prazo máis breve de tempo. “Son un goberno de promesas que leva o aire, mentres que os cidadáns o que queren son feitos concretos”, sentenciou a concelleira popular.

Teijeiro afirma que “non se pode permitir” que as asociacións vivan esta situación de precariedade xa que o xeito de actuar do goberno socialista de Lugo condena aos lucenses “á vivir na inseguridade e na incertidume”. Pero, o peor desta situación, segundo os socialistas, é que o propio tecido asociativo xa asume como “normal” unha cuestión que non por ser habitual deixa de ser “grave”, porque a realidade é que as axudas non chegan “en tempo e forma” e polo tanto non facilitan que as entidades sociais poidan desenvolver os seus proxectos, de vital importancia para moitos lucenses.

“Nunca estivo tan paralizado o Concello de Lugo” e iso que, segundo confirmou a popular, as asociacións xa entregaron antes do verán a documentación precisa para asinar os convenios do ano 2018, convenios que seguen sen asinarse polo que “moito nos temenos” que o vindeiro ano se repetirá a mesma situación, e o tecido asociativo de Lugo acumulará de novo dous anos de atrasos no cobro das subvencións.

Mari Teijeiro tamén critica que os socialistas adiquen 253.000€ á subvencións nominativas, mentres que só se destinen 38.000€ para as axudas de concorrencia competitiva. A popular tamén cualificou como unha “irresponsabilidade” a data de convocatoria destas últimas axudas, para as que aínda está aberto o prazo de solictude, polo que pregunta ao goberno socialista “cando pensa pagar as axudas deste ano”. Ademais, lamenta “de nada serve” que os socialistas saquen peito anunciando que destinan importantes contías orzamentarias para axudar ao tecido asociativo se logo teñen que agardar dous anos para poder cobrar os fondos concedidos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com