O Concello adxudica as obras de pavimentación da glorieta de Benigno Rivera

O Concello de Lugo vén de adxudicar por importe de 50.290€ o proxecto para renovar o pavimento e repoñer a sinalización da glorieta situada na intersección da Avenida Benigno Rivera e a rúa da Agricultura, un nó de comunicacións, fundamental para a mobilidade no polígono do Ceao e a saída e entrada da cidade. Con esta actuación o Goberno cumpre co tecido empresarial do Ceao, onde tamén está a acometer xa a renovación do asfalto da rúa dos Artesáns. Ambas
obras mellorarán a

O proxecto da glorieta de Benigno Rivera inclúe a renovación do pavimento e a reposición da sinalización existente. O prazo de execución é de 2 meses. En canto ás obras na rúa dos Artesáns, cun orzamento de 39.000€, consiste na renovación do pavimento e a reposición da sinalización horizontal. O ámbito de actuación é a calzada esquerda entre Benigno Rivera e a rúa Dos Canteiros, e toda a sección entre as rúas dos Canteiros e da Industria. O prazo de execución é dun mes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo