O Concello aproba as bases para a subvención de material escolar

O Goberno de Lugo activa un ano máis a convocatoria para a concesión de axudas para a adquisición de libros de texto e material educativo para alumnos e alumnas de educación infantil, co propósito de colaborar na mellora da calidade educativa e na igualdade de oportunidades de todos os cativos e cativas do municipio. Así o deu a coñecer o Voceiro Municipal, Miguel Fernández, tras a sesión deste mércores da Xunta de Goberno onde se deu luz verde ás bases para este procedemento de acordo ao compromiso do Goberno con todas e cada unha das necesidades das familias de Lugo.

“O Concello entende que con estas axudas, para as que destina 40.000 euros, facilita o acceso á educación a toda pobación en igualdade de condicións, ao tempo que contribúe a superar as desigualdades e impulsa unha mellor educación”, aclarou Fernández. As bolsas escolares están dirixidas ao alumnado do segundo ciclo de educación
infantil, matriculado en centros sostidos con fondos públicos. Nesta convocatoria, e por segundo ano consecutivo, a contía individual é de 100 euros. Para acceder a ditas axudas o único criterio é a renda familiar e é necesario que o alumno ou alumna estea censado en Lugo.

A convocatoria sairá publicada na Plataforma Base de Datos Nacional de Subvencións e no Boletín Oficial da Provincia. Tamén se inserirán no Taboleiro de Anuncios do Concello e na súa páxina web, www.lugo.gal. O formulario estará a disposición das persoas interesadas na área de Educación, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, así como no propio BOP. As solicitudes presentaranse no Rexistro Municipal nun prazo de 15 días hábiles dende o día seguinte á súa publicación no boletín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com