O Concello busca actividades permanentes para o centro cultural do Vello Cárcere

O Concello de Lugo enche de contidos culturais o Vello Cárcere dende a súa apertura e está a xestionar novas iniciativas para implantar de xeito permanente no centro cultural, segundo explicou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, na Comisión Permanente de Cultura, formada por todos os grupos da Corporación, previa ao Pleno ordinario do día 27.

Na actualidade, na parte baixa, está aberta ao público a exposición Un Cárcere, unha porta e un xardín, e estase a montar dende onte outra mostra sobre a memoria histórica da prisión que será inaugurada o vindeiro venres día 28 nun acto que contará coa presenza de familiares de persoas presas no que hoxe é o Vello Cárcere.

Así mesmo, a Concelleira de Cultura anunciou na Comisión que está a xestionar varias iniciativas para o Vello Cárcere que fructificarán nos vindeiros meses, como son a implantación dunha Escola Municipal de Teatro; un convenio coa Universidade de Santiago de Compostela para trasladar alí o Centro de Estudos da Cidade, que contribuirá segundo afirmou a edil a avanzar na candidatura para a súa declaración como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO; un convenio coa Asociación de Rehabilitación da Memoria Histórica (ARMH) para ofrecer un ciclo anual de actividades; e a creación dun Coro do Cárcere para rapaces de entre 8 e 16 anos de idade, entre outras actividades.

Precisamente, no Vello Cárcere, tuvo lugar onte unha xornada sobre a cultura funeraria de México e as súas diferenzas coa de Galicia, organizada pola entidade local e a USC no Vello Cárcere, nesta charla estivo presente a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo.

Elena Freire Paz, da USC, e Daviel Reyes, da universidade mexicana de Anáhuac, explicaron os ritos e tradicións existentes en Galicia e México, intervencións que se viron apoiadas cunha representación plástica de estruturas funerarias.

Esta iniciativa dá continuidade á conferencia do profesor Daviel Reyes sobre O Culto á Santa Morte. Breve análise do culto á Santa Morte ou ao culto ao único seguro, organizada por ambas as dúas institucións a principios deste mesmo mes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo