O concello de Lugo anuncia que ampliará as prazas dos parkings publicos

O Concello de Lugo aposta por unha mobilidade sustentable como un dos grandes eixos do Goberno Local para conseguir unha cidade á vangarda. Para iso, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou esta mañá que ampliará as prazas dos aparcadoiros públicos soterrados, unha petición que levan facendo os lucenses desde fai tempo.

Lara Méndez afirmou que xa se reuniu ca empresa concesionaria para firmar esta ampliación e remodelación para facer “prazas públicas propias dos parques automobilisticos do século XXI, no que existen coches máis grandes”. Lara Méndez asegurou que se van a redimensionar estas prazas para a comodidade dos lucenses, e considera que así “se aumentará o número de usuarios que se foron desligando destes aparcadoiros”.

A Alcaldesa de Lugo quixo agradecer á concesionaria a súa boa vontade, por querer chegar acordos para darlle a Lugo esta posibilidade. O concello de Lugo mandará ao longo do día de hoxe un comunicado á empresa para que fagan un estudo e así garantir a accesibilidade e manter o equilibrio económico da concesión.

Lara Mendez asegurou que este convenio terá vantaxes tanto para a cidade de Lugo como para os cidadáns como a prohibición por parte do Concello de subir os prezos dos aparcadoiros nun periodo aínda por estipular. Asemade, a empresa concesionaria tamén recibirá un posible aumento da concesión.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo