O Concello de Lugo presenta festival de maxia, LUGOMÁXICO, que terá lugar do 1 ao 6 de maio en diferentes zonas da cidade

A concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, acompañada do Mago Rafa, como representante do Cículo de Ilusionistas de Lugo, presentaron esta mañá no patio do Vello Cárcere o festival de maxia Lugomáxico, que terá lugar en diferentes zonas da cidade do 1 ao 6 de maio.

A edil socialista, convidou a todos os lucenses a participar nas diferentes actuacións e anunciou que hoxe se abre a venda de entradas para os actos do auditorio na páxina web entradaslugo.es.

O Mago Rafa foi o encargado de presentar o programa que transcurrirá nos diferentes espazos da cidade desde o tradicional Auditorio Gustavo Freire ata lugares “tan especiais” como o Hula, o Mercado Municipal, centros de día ou centros escolares e por primeira vez este ano, na Casa das Linguas e no Vello cárcere. Ademáis, haberá actuacións nas prazas dos barrios lucenses, dende a Praza Maior ata a do Castiñeiro, a Acea de Olga ou na Milagrosa.

O ilusionista quixo resaltar a “gran importancia deste evento en Europa que se sitúa como un dos mellores festivais internacionais de maxia do continente”, e que “porá a lugo como a capital do ilusionismo por uns días”.

Entre todos os actos destacou a Gala de Inicio, que terá lugar diante do Concello o día 1 de maio dende as 6 da tarde e contará coa compañía Civic Civiac co seu espectáculo El gran zampano co que están facendo unha gran xira.  Dende o martes e ata o venres a maxia encherá Lugo dende as 10.30 horas, con representacións en colexios e centros cívicos,  ata as 21.00 horas. Por último, o sábado 6 de maio, ás 21.00 horas, terá lugar a Gran Gala Internacional na que se seleccionaron números premiados e de gran valor. 

Así o Mago Rafa destacou aos artistas desta Gala como a compañía estadounidense Charlie Frye and Company, que foron protagonistas de actos tan importantes como abrir a xira de Liza Minelli, ademáis forman parte do espectáculo Illusionists, co que percorreron parte do mundo; o belga Aaron Crow, será o encargado de levar a cabo maxia extrema, tras o vídeo que se fixo viral coa participación del nun programa de televisión.

A compañía española Edama, traerá unha maxia máis tradicional, pero teatralizada de gran formato coa que gañaron o Premio Nacional de Grandes Ilusiones; ademáis Lugo contará coa visita do campeón de Europa de Manipulación, o francés Nestor Hato e co suizo Erwan, que forma parte dunha nova xeración de ilusionistas. Para presentar o acto contarase co arxentino Maximiliano Stia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo