O Concello de Lugo repartirá ata 7.800 euros en premios nos concursos de disfraces este entroido

A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua da Cidade de Lugo, Carmen Basadre, presentou esta mañá a programación que a administración municipal ten preparada para o entroido, e na que o tradicional concurso de disfraces repartirá, entre adultos e nenos nas tres categorías que hai, un total de 7.800 euros.

O Entroido lucense dará o pistoletazo de saída o venres 24 de febreiro co pregón a cargo de Carlos Iglesias Rebolo, titiriteiro e diretor de Hipócrita Teatro, e rematará co enterro da sardiña o día 1 de abril as sete da tarde.

Entre a programación, terá lugar a xa tradicional Feira de Produtos do Entroido que terá lugar o sábado e, por primeira vez, será na carpa que se situará na praza Anxo Fernández Gómez, detrás do edificio do Concello.

Asemade, o Concello aposta pola música para amenizar as rúas con charangas que se desprazarán por todas as zonas da cidade. Do mesmo xeito, as compañías teatrais Nostrum Cai, Achádego e Nova Escena, farán deste entroido un Entroido Escénico con pezas representadas por todo o centro da cidade, tanto o sábado de entroido a partir das 9 da noite como o luns seguinte en dúas representacións, a primeira ás 20:30 horas e a segundaas 21:30 horas.

Carmen Basadre, quixo enviar unha invitación á participar desta festa na que, segundo dixo, destaca a boa e contundente gastronomía e o pasalo ben e divertirense. Asemade, animou aos lucenses a presentarse ao concurso de disfraces no que outorgarán diversos premios. Ademáis, en cada unha das caterogías haberá un premio especial para os disfraces de elaboración propia ou con materiais reciclados.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo