O Concello de Lugo resolve preto do 70% das incidencias recollidas por Liña Verde

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, fixo entrega este xoves dun obsequio á gañadora do concurso Sabes como mellorar o noso entorno?, María José Rodríguez García, un certame enmarcado dentro do servizo de Liña Verde que ofrece o Concello de Lugo. Neste concurso, cuxo premio consistía nunha tablet, participaron 33 persoas, respondendo correctamente 18. Piñeiro aproveitou para facer un balance do servizo Liña Verde, que emprega as novas tecnoloxías para a resolución de consultas medioambientais e a comunicación de calquera tipo de incidencias no equipamento urbán.

“Dende a súa posta en marcha o pasado ano, os veciños e veciñas deron conta dunhas 180 incidencias no equipamento da cidade de Lugo”, destacou o edil, quen sinalou que a maioría das comunicacións recibidas refírense a parques e xardíns (34%), recollida de lixo (30%), limpeza (15%) e sumidoiros (11%). “O Concello de Lugo resolve preto do 70% das incidencias recollidas a través de Liña Verde”, concluíu o Concelleiro.

Liña Verde é unha ferramenta que a entidade local ten posto á disposición da cidadanía para difundir as boas prácticas ambientais e para fomentar a participación cidadá. Neste senso, Piñeiro aproveitou a ocasión para convidar a todos os lugueses a descargar a APP de Liña Verde e “implicarse no coidado da nosa cidade e dos equipamentos públicos”. Neste senso, o Concelleiro lembrou que aínda están dispoñibles 40 kits de reciclaxe, que se poden conseguir a través da aplicación móbil.

Este servizo tamén está dispoñible a través da páxina web www.lineaverdelugo.com e pode accederse a el a través da web do Concello www.lugo.gal.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com