O Concello destinará 590.000 euros a subvencións para asociacións e particulares

A Xunta de Goberno local acordou esta mañá destinar preto de 590.000 euros para convocar subvencións de concorrencia competitiva destinadas a asociacións e particulares nas áreas de deportes, cultura, xuventude, servizos sociais, participación cidadá, educación e urbanismo, menos dunha semana despois de que o Pleno municipal aprobara as modificacións de crédito necesarias para levar a cabo estas subvencións.

O voceiro municipal, Miguel Fernández, explicou que as axudas servirán de “soporte e dinamización do gran tecido asociativo da cidade e tamén de axuda para veciños e veciñas particulares” co fin de alugar vivenda, obter bolsas escolares ou rehabilitar edificacións.

A distribución das axudas aprobada é a seguinte:

– Deportes: 171.000€ (a clubes e asociacións deportivas, 145.000€, e a deportistas con talento ou de alto nivel, 26.000€)

– Asociacións culturais: 14.899,99€

– Asociacións xuvenís: 10.000€

– Servizos sociais: 125.601,92€ (para o alugamento de vivendas a persoas con dificultades, 70.601,92€; a ONGs, 12.000€; para gastos do transporte e taxi adaptado para persoas con mobilidade reducida, 5.000€; e a asociacións, 38.000€).

– Participación Cidadá: 45.500€

– Educación(bolsas escolares): 36.500€

– Urbanismo e rehabilitación de vivendas: 185.729,32€

Por outra banda, a Xunta de Goberno, segundo informou o voceiro municipal, aprobou tamén o inicio do procedemento de adxudicación dos servizos de prevención e control da lexionelose nas instalacións de titularidade municipal, e desifección, desinsectación e desratización no concello. A duración do contrato é de dous anos, máis outros dous de prórroga, e o importe anual de 45.000 euros. O Concello publicará o anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia.

Nesta sesión, a Xunta de Goberno deu luz verde así mesmo a unha licenza para construír unha estación de servizo na LU-612, que une Lugo e Portomarín, á altura de Cima de Vila.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com