O deputado do PP por Lugo Daniel Vega prosegue en Riotorto os encontros coa afiliación

Hoxe os deputados do PP no Parlamento de Galicia e no Congreso, Daniel Vega e Jaime de Olano, respectivamente, tiñan previsto continuar este domingo en Riotorto a rolda de encontros que están a manter coa afiliación de A Mariña, pero a última hora o Sr. de Olano, seica, escusou a súa presenza. O obxectivo deste tipo de xuntanzas, aseguran, “non é outro que escoitar a simpatizantes e á cidadanía en xeral para levar as súas propostas alá onde temos representación política e institucional”.

Deste xeito, os deputados recolleron as inquedanzas e propostas de actuación dos presentes para trasladar tanto á administración autonómica como á central. “Consideramos esencial estar a pé de rúa, escoitalos e ser ese enlace para que as súas demandas sexan tratadas nas Cámaras nas que exercemos o noso labor”, indican.

O que pretenden Daniel Vega e Jaime de Olano e, ademais, trasladar canta información lles demanden os compañeiros sobre asuntos que sexan de interese para este municipio. “Así entendemos a nosa función, pois cremos que non pode ser doutro xeito. Os políticos estamos para dar solucións e, con este obxectivo, nos achegamos hoxe ata Riotorto”.

Outros encontros

Previamente, os dous deputados tamén mantiveron un encontro coa afiliación de Viveiro e de O Vicedo, así como coas confrarías dos portos de Burela e Celeiro, con ABSA e APP de Burela, ademais de cos representantes de Cáritas Diocesanas en Viveiro e Ribadeo. Neste último caso, a reunión produciuse en resposta á petición desta organización sin ánimo de lucro, na que os integrantes da mesma lles trasladaron aos populares as necesidades que presentan, así como a acción social que está a desenvolver neste municipio. Nas vindeiras semanas levarán a cabo novas xuntanzas noutros municipios da comarca e con axentes do tecido económico e social de A Mariña.

 

 

 

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com