O Emevé loitará fóra da casa esta fin de semana

As mozas da Superliga Iberdrola, viaxan este fin de semana ás Illas, concretamente a Las Palmas de Gran Canaria, para medirse ao IBSA CV CCOO 7 PALMAS ás 16:00 horas,  polos reloxes canarios, no Centro Insular de deportes. Un duro rival de inicio que leva asentado nesta categoría varios anos, tendo a xogadoras seleccionables coa Selección Española de Voleibol. Terán como rival, a unha vella amiga Sara Folgueira, canteirá do Emevé que grazas á súa proxección, leva 3 anos xogando na máxima categoría. Jose Valle expón o partido como duro, tendo claro que a base do xogo está nunha estable recepción e unha boa defensa, podendo facer dano ao rival.

Perfílanse como titulares para este encontro: Maria R. Sanjurjo, Laura Villasante, Lucía Prol, Tea Andric’, Natalia Aispurúa, Irene Yañez e Eliana González como líbero. Aitana Fernández, Alba Pizarro, Carmen Saá, Julia Paradela e María Aguiar actuarán como reservas.

Pola súa banda, os mozos de Diego Taboada, viaxan nesta segunda xornada de liga para eles, a Badaxoz para medirse o sábado ás 19:00 horas no Pavillón As Palmeiras ao Aparth MM Badaxoz Estremadura. Tras un inicio de liga ao grande, os lucenses pretenden seguir ascendendo nos partidos e mellorando as pequenas imperfeccións que están a ter neste comezo de tempada. Parten como favoritos neste duelo, pero teñen que conseguir que non se lle escape ningún set co fin de manter a marcadora a cero.

O probable septeto titular pode ser: Pablo Villar, Pedro Sánchez, Victor Bouza, Chema Giménez, Anass Anzaui, Manuel Blanco e Mario Dovale ( Líbero). Como reservas: Jordi Herrero, Rubén López, Adrián García, Diego Negro e Guillermo Avendaño.

Para rematar, as categorías de base se enfrontarán, todas elas, os seus respectivos competidores dos equipos de Calasancias de Coruña.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com