O Goberno da Deputación destina 500.000 euros á mellora da rede de saneamento de Monforte de Lemos

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este venres que o Executivo Provincial aprobou en Xunta de Goberno o convenio de colaboración co Concello de Monforte de Lemos e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para mellorar a rede de saneamento municipal da cidade do Cabe entre ditas 3 administracións.

Son actuacións de 1,4 millóns de euros. Desta cantidade, o Goberno da Deputación destina 500.000 euros en tres anualidade. A Confederación Hidrográfica Miño-Sil fará exactamente as mesmas achegas. O Concello de Monforte de Lemos destina 400.000 euros: 20.000 este ano, 200.000 no 2018 e 180.000 euros no 2019.

Campos Conde explicou que os traballos consistirán na dotación dun novo sistema de saneamento nas rúas Santa Clara, A Veiga, Chantada, Juan Montes e Padre Feijóo, que conectará coa depuradora de Piñeira. Nestes puntos, detectáronse infiltracións de auga á propia instalación, que provocan o incremento do caudal e evitan o correcto funcionamento do bombeo.

Con estas actuacións mellórase por completo a rede municipal en beneficio dos 19.000 monfortinos, ponse fin ás incidencias e dáse solución ao problema da Xunta para conectar as redes de saneamentos do Porto Seco e a municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo