O Goberno da Deputación inviste 1,3 millóns máis na mellora de estradas

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, anunciou hoxe novos investimentos do Goberno provincial por importe de 1,3 millóns de euros para melloras na rede viaria provincial.

Campos Conde explicou que “esta mañá aprobamos na Xunta de Goberno investimentos por valor de 1,3 millóns cos que imos mellorar 21 estradas da provincia, coas obras que adxudicamos hoxe faremos obras de rehabilitación en estradas de 9 Concellos; en total acondicionaremos 44 quilómetros de vías dos seguintes municipios: Alfoz, Bóveda, Palas de Rei, Antas de Ulla, Carballedo, Lugo, Vilalba, As Nogais e O Páramo”.

O Presidente da Deputación destacou que con estas obras o Goberno proponse mellorar as infraestruturas públicas e os servizos para os veciños da provincia, dentro da liña marcada para que a de Lugo sexa unha Deputación social, rural e coas persoas. Campos Conde tamén informou de que as obras adxudicadas hoxe son para acondicionar 44 quilómetros de estradas.

Ademais, o Presidente informou de que a Xunta de Goberno aprobou tamén a adquisición por mutuo acordo de 3 fincas cunha superficie total de 3.133 metros cadrados para a realización dunha obra en Paradela coa que se vai mellorar a estrada LU-P-4206 de O Loio (LU-633) a San Facundo. O Goberno da Deputación inviste 8.300 euros na compra destes terreos cos que se vai mellorar unha estrada na que se farán obras cun investimento doutros 80.000 euros. Con estes arranxos, corríxense as deficiencias construtivas desta vía derivadas do deseño da estrada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo