O Grupo provincial socialista critica a “situación de inquedanza” que viven os veciños da Mariña sobre a xestión da praga da pataca

O voceiro de Medio Rural no Parlamento de Galicia, Jose Antonio Quiroga, acompañado da Deputada Provincial e Alcaldesa de Trabada, Mayra García, e os Alcaldes do Valadouro, Edmundo Maseda e de Alfoz, Jorge Val, visitaron este xoves a Escola de Horticultura do Valadouro, onde este ano non poderán ensaiar o cultivo da pataca habanera, unha variedade propia da vila.

Alí, os socialistas criticaron a mala xestión da Xunta na praga da couza guatemalteca que afecta a moitos concellos da Mariña de Lugo. O voceiro de Medio Rural remarcou que “os agricultores están vivindo unha situación problemática e de inquedanza, debido a falla de información e de decisións, por parte do Goberno Galego”.

 

Jose Antonio Quiroga advertiu que “se non se toman as decisións axeitadas esta praga pode ir a mais” e emprazou á Consellería de Medio Rural a que estableza un Plan informativo e de sensibilización sobre a praga, e as medidas efectivas para o seu control.

Asemade, Quiroga asegurou que é necesario un plan de investigación científica con recursos para atopar medidas axeitadas para erradicar e controlar esta praga e aludiu á problemática que lle acarrea aos veciños. Ademáis, José Antonio Quiroga esixiu á Xunta que extremara as medidas de control en torno ás zonas afectadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com