O II Medio Maratón Cidade de Lugo disputouse cun novo percorrido

A Alcaldesa de Lugo, Darío Campos, Presidente da Deputación, a á adxunta a Presidencia de El Progreso, Blanca de Cora, o Concelleiro de Deportes e Medio Rura do Concello de Lugo, e o Deputado de Deportes, Pablo Rivera, xunto con representantes das entidades colaboradoras, asistiron este domingo á saída e á entrega de trofeos ás e aos atletas  gañadoras nas distintas categorías do II Medio Maratón Cidade de Lugo, organizada polo Concello e El Progreso.

O atleta Manuel Hurtado Sanjurjo e a atleta María Jesús Coya Otero gañaron nas categorías masculina e feminina, respectivamente, do II Medio Maratón Cidade de Lugo. O corredor lugués logrou a vitoria cun tempo final de 01:06:39 horas, mentres que a deportista, afincada en Lugo, completou o percorrido en 01:21:53 horas. Na proba, ao igual que o ano pasado tamén participou o dúas veces campión do mundo de maratón, Abel Antón, que xunto con Fermín Cacho, apadriñan esta competición deportiva que aspira a consolidarse no calendario atlético galego.

O percorrido da segunda medio maratón realizouse a tres voltas polos mesmos emprazamentos, co que se buscou, ademais de dar resposta ás e aos atletas, de visibilizar o patrimonio de Lugo. Deste xeito tamén se incorporou este ano a Avenida da Coruña e o barrio da MIilagrosa ao traxecto. Tivo como punto de partida a rúa Anxo López Pérez, para continuar pola Praza da Constitución, Ronda da Muralla , Avenida da Coruña, rúa Mallorca, rúa Milagrosa, Xulia Minguillón, de novo, Avenida da Coruña , Ronda da Muralla, Porta de Santiago, rúa Bo Xesús, Praza de Santa María, fondo da Praza Maior, porta de Bispo Aguirre, rúa Vilalba, Rodríguez Mourelo, Praza de Avilés, García Portela, rúa Vila de Foz, rúa Vila de Foz, García Portela, Praza de Avilés, Rodríguez Mourelo, rúa Ramón Ferreiro, Fonte do Rei e Ramón Ferreiro. O final de meta foi a Praza Horta do Seminario.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com