O Mesón Colón gaña o Concurso de Tapas de Lugo

Os seguidores da décimo cuarta edición do Concurso de Tapas de Lugo decidiron que a vitoria fose para a tapa A vaca mariña presentada polo Mesón Colón. Así o anunciou esta mañá a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (Apehl) nun acto que tivo no Centro Cultural Vello Cárcere e no que estiveron presentes o presidente da Apehl, Cheché Real; a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a alcaldesa de Lugo.

Ademais, tamén se fixo pública a decisión do xurado técnico, formado por Quique Rodríguez, José María Martínez Alonso e Constantino Iglesias Fernández. O primeiro premio foi para a Arrocería Os Cachivaches, pola tapa “Bonito ti!!!”; o segundo premio concedéuselle ao Restaurante España, por “Boi roll con patacas bravas”; o terceiro premio, ao Mesón Colón, por “A vaca mariña”; a mellor maridaxe con Estrella Galicia conseguiuna o Mesón Pulpería O Castelo con “Niño de polbo”; a mellor maridaxe con D.O. Ribeira Sacra, O Cincuenta e Seis con “Bacallau ao queixo”, e por último, houbo unha mención de honra para O Castor, pola súa proposta “Prato criollo”.

Durante o acto, tamén tivo lugar o sorteo entre todos os cupóns de votación para coñecer os gañadores das viaxes, ceas e resto de regalos, que estarán dispoñibles dende mañá na web www.eparacomerlugo.com

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo