O paro continúa o seu descenso na provincia durante o mes de agosto

O desemprego en Lugo acadou durante o pasado mes de agosto a cifra oficial de 15.979 parados. Así foi despois que este último mes o paro descendera na provincia  en 39 persoas respecto ao mes anterior de xullo, o que supón un 0,24% de baixada. Nas mesmas datas no pasado ano, o paro rexistraba 18.067 persoas o que revela un descenso considerable de máis de 2.000 desempregados.

Sectores

Este pasado mes, o paro descendeu en todos os sectores agás na Industria que continúa a aumentar, esta vez nun 1,75%, con 22 novos desempregados e no colectivo que o Ministerio de Emprego denomina Sen Emprego Anterior, que aumentou en dúas persoas. No resto de sectores, no que máis descendeu o número de desempregados foi na Agricultura, no que se reducíu nun 4,79%, o que equivale a 37 parados menos engrosando as listas do INEM; sígueo moi de lonxe o sector da Construcción cun 0,97% menos de parados e no sector servizos un 0,10%.

Por sexos, os homes da provincia de Lugo están de noraboa, pois 83 deles atoparon traballo durante o mes de agosto, sendo así, 6.971 homes nas listas do paro. En canto as mulleres, o número de desempregadas aumentou en 44 mulleres un 0,49% máis que o mes anterior. Estas 44 novas desempregadas fan un total de 9.008 mulleres nas listas do INEM.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com