O PP acusa a Campos de aprobar o Plan Estratéxico de Subvencións sen contar co Pleno

O Grupo Provincial do PP acusa ao presidente da Deputación, Darío Campos, de repartir 6,6 millóns de euros “a porta pechada” evitando o pronunciamento do Pleno, o que supón “un claro paso atrás” na transparencia que debe rexer a acción do Goberno provincial. Os populares fan esta valoración tras saber que o equipo de Goberno aprobou hoxe o Plan Estratéxico de Subvencións (PES) para o período 2016-2019 “sen sometelo a debate nin á participación do Pleno”.

Desde o PP consideran “eticamente inaceptable e xuridicamente indefendible” que un Goberno en minoría teña o atrevemento de aprobar este plan pola porta de atrás para escapar do control do Pleno, unha ousadía coa que nin Besteiro se atreveu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com