O PP esixe a reparación “inmediata” dos blandóns que hai en varias rúas de Lugo

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Ángel Trabada, pide ao goberno local a reparación “inmediata” do blandón que hai na Avenida Duquesa de Lugo, no cruce coa rúa Montefaro.

O concelleiro popular explica que nos últimos meses apareceu un blandón de grandes dimensións nesta vía que “é un perigo para os condutores” xa que dificulta o paso dos vehículos. Ademais, hai vehículos que chegan a dar co asfalto xa que o desnivel que hai por mor deste blandón “é moi pronunciado” polo que ao Concello poderían chegar reclamacións por danos patrimoniais. “Nesta zona o desnivel no asfalto cada vez é maior e pode chegar un momento no que o firme se afunda por completo, polo que o risco é máis que evidente”, explicou o popular.

Ademais, Ángel Trabada alerta doutro socavón de grandes dimensións moi preto desta zona, na rúa Otero Pedrayo. “Subindo por Otero Pedrayo dende a rúa Río Sil hai un bache moi pronunciado ao que o Concello tería que dar solución xa que a rúa é moi estreita e os condutores non poden facer nada por evitalo”, explicou Ángel Trabada.

Por iso, o popular esixe ao goberno socialista de Lugo que repare “inmediatamente” estes blandóns e que, de paso, evite “chapuzas” como a que fixeron na rúa Alexandre Bóveda, onde ao reparar unha fuga de auga “puxeron moito cemento no asfalto o que desembocou en que os vehículos teñen agora que evitar un obstáculo ao circular”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com