O PP lamenta que non se reactive o servizo de préstamo de bicicletas

O viceportavoz municipal Enrique Rozas acusa ao goberno de Lara Méndez “de pedalear contra corrente e desprezar a oportunidade de reactivar o servizo de préstamo de bicicletas”. O popular fixo estas declaracións tras denunciar “o abandono das cinco bases inútiles que hai en diferentes puntos da cidade e tras comprobar a deterioración das bicicletas que, no seu día, puxéronse a disposición dos lucenses”. “Moitas das unidades que quedan, e que están nun almacén da piscina das Pedreiras, parecen inservibles” matizou.
Enrique Rozas pon como exemplo a seguir “o impulso de sistemas de préstamo que levan a cabo noutras cidades galegas como Ourense, A Coruña e Ferrol onde, a diferenza de Lugo, si funciona esta prestación ou noutras como Santiago onde se tramita a súa inmediata posta en marcha”.
Rozas lembrou que o rebicíclate deixou de funcionar en 2011 e que “a falta de interese dos diferentes gobernos socialistas freou este servizo”. O Partido Popular cre que é o momento de tomar unha decisión sobre recuperar este servizo polo que solicita “que se faga un estudo do custo de reactivalo, chequear o estado das bicicletas que hai almacenadas, prespuestar a compra de novas unidades, custo de reparación de deterioración basees e programas informáticos para o seu uso”. Tamén “se solicita unha reorientación do sistema para que poida utilizalo o turista que nos visita e mesmo estudar a posibilidade de, tal e como funciona na Universidade de Santiago de Compostela, ofrecer a posibilidade aos alumnos do noso campus de dispoñer dunha bici durante todo o ano académico”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo