O PP lamenta que o “ruinoso” estado do anfiteatro do campus

A concelleira do Grupo Popular Ana López Pombo denunciou esta mañá o estado ruinoso no que está o anfiteatro do campus “que cumpre 18 anos de vida presentando un aspecto de deterioro absoluto”. A popular enumeraba as súas deficiencias “gradas pintadas, pedras de granito arrincadas e reventadas, malezas e lixo” indicando que “a zona onde supostamente está o escenario as fogatas estragaron moitas das lousas, tamén falta a practica totalidade da reixa metálica dos sumidoiros e hai pezas metálicas tiradas no chan”.

Para López Pombo é lamentable “a falta de mantemento desta construcción que se inaugurou no ano 2000 e que custou aos lucenses máis dun millón de euros”. “Estamos falando dun anfiteatro que se fixo nunha zona privilexiada de Lugo e que é a porta de entrada do campus” manifestando que “é moi pobre a primeira impresión que se levan os que accedan ao campus lucense por Alfonso X”. A concelleira popular indicaba que “primeiro hai unha charca con auga apozada no que foi un coqueto parque de deseño e, segundo, cando nos achegamos ao anfiteatro empezamos a atopar restos de lixo, botellas de cristal rachadas e pintadas. Xa dentro do anfiteatro a cousa non mellora” manifestaba a edil do PP.

Ana López Pombo lamenta o desinterese dos sucesivos gobernos socialistas en impulsar esta dotación “son incapaces de consolidar actividades nesta zona” asegurando que “ainda que somos conscientes que a distancia co centro é un inconvinte eso non significa que non sexa viable e atractivo programar actuacións ao aire libre neste espazo”. “O problema é que os socialistas son incapaces de preparar unha programación estable e atractiva nin para este anfiteatro nin para outras infraestructuras culturais da cidade” apostillou.

Xa por último a edil do PP Pombo plantexa aos socialistas que “falen cos responsables da Deputación, que é a que se encarga do seu mantemento, para recuperar esta instalación” suxerindo que “se consensúen propostas para darlle un uso e evitar que continúe o seu deterioro”. O anfiteatro do campus inaugurouse no ano 2000 a obra foi realizada pola Escola Taller da Deputación, custou máis dun millón de euros e ten unha capacidade para 2.500 persoas e un escenario de 800 m2 . Tamén se fixeron dous paseos en semicírculo, cunha superficie total de 2.000 m2, pavimentados en pedra.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com