O PP pide o arranxo de cinco rúas das Gandaras, dentro do Plan de Barrios

Ediles do Partido Popular no Concello de Lugo solicitan ao equipo de goberno que engada cinco rúas das Gándaras ao plan de barrios xa que o arranxo destas vías “é urxente” dado as grandes deficiencias que presentan e que dificultan a circulación aos veciños.

Os concelleiros Enrique Rozas, Mari Teijeiro e Ángel Trabada visitaron as rúas das Gándaras e comprobaron o malestar dos veciños, que aseguraron sentirse “invisibles” para o goberno socialista de Lugo, xa que, segundo dixeron, “levan anos pedindo o arranxo das rúas e ninguén fixo nada”.

As rúas que o Grupo Popular pide incorporar ao plan de barrios son a rúa Volvoreta, a rúa Bubela, a rúa da Aguia, a rúa Papo Rubio e a rúa Vagalume. Os populares denuncian que se trata de “rúas eternamente esquecidas” para os socialistas, de ahí “o malestar” dos veciños xa que a vexetación e os baches invanden estas rúas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo