O PP presenta un recurso de reposición para anular o nomeamento do Director Xeral de RRHH

O Partido Popular vén de presentar un recurso de reposición por vía administrativa contra a decisión da alcaldesa de nomear “sen ningún tipo de publicidade e concurrencia ao último Director de Recursos Humanos”. Antonio Ameijide explicou que con este trámite queren pór de manifesto que “esta dirección xeral é innecesaria e ilegal” insistindo en que a alcaldesa “podería estar incurrindo nunha presunta prevaricación e malversación de fondos públicos ao tomar esta decisión”.

“O recurso de reposición que debe resolver a Xunta de Goberno local é un paso previo a emprender accións xudiciais se así se estimase oportuno e fose necesario”, aclarou Ameijide. O Grupo Popular, dende o minuto un, puxo no punto de mira este cargo denunciando “o oscurantismo do nomeamento deste posto político” e asegurando “que se fixo unha praza a medida que nos custa 5.000 euros ao mes aos lucenses”. “Levamos gastado 120.000 € pola dirección xeral e ata o de agora só serviron para pagar a amigos da alcaldesa”.

Ameijide dixo que as explicacións de onte do pleno confirmaron que “o PSOE fai unha lectura inapropiada e sesgada” acerca do proceso que non contempla todas as normativas complementarias. A alcaldesa esgrimía unha lei que non era a adecuada, de feito os Tribunais Superiores de Xustiza emplega outras normativas que a rexedora despreza.

O voceiro popular apuntaba que existen precedentes noutros concellos de España (Granada e Las Palmas) nos que se anulan os nomeamentos dos seus respectivos Directores Xerais porque o proceso selectivo que se utilizou para cubrir os postos non xustificaban adecuadamente eximir a necesidade de ser funcionario. “O Concello de Lugo non só non se xustifica adecuadamente que non sexa funcionario, senon que directamente non houbo ningún proceso de selección, publicidade e concurrencia para cobrir o posto, o que fixeron foi a cacicada de coller a unha persoa afín directamente” reflexionou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com