O PP propón un fronte común con Oviedo e Santiago para potenciar o Camiño

O voceiro do PP no Concello de Lugo afirmou hoxe tras facer unha etapa simbólica do Camiño Primitivo con compañeiros dos Grupos Municipais do Partido Popular de Santiago e Oviedo que “Lugo non ten nin un minuto que perder para avanzar cara á celebración do Xacobeo 2021”. Antonio Ameijide defende as liñas mestras dun documento que “podería servir de base para impulsar accións planificadas para proxectar a imaxe e a presenza tanto de Lugo como de Oviedo e Santiago no mundo”.

Os populares reclaman que se deseñe un diploma tipo a Compostela, Muxiana ou Fisterrana para aqueles peregrinos que veñen dende Oviedo e pasan pola cidade de Lugo. Outra das medidas nas que concordaron os populares, na sesión de traballo que se celebrou hoxe, foi no deseño dunha credencial propia que sirva de atractivo para os peregrinos que fagan o Camiño dende Oviedo.

Os populares solicitan unha terceira acción moi sinxela que é a de utilizar un selo propio, que emita o Concello de Lugo, cun deseño ligado á ruta xacobea. Os populares entenden a colaboración institucional para afrontar o Xacobeo 2021 en dúas vertentes, a primeira coa Xunta e, a segunda con cidades como Oviedo, que precede, ou Santiago, que sucede, a Lugo no Camiño Primitivo.

“Non se trata de duplicar esforzos ou competir con outras administración pero pensamos que cada cidade pola que pasa o Camiño Primitivo debe aportar e cooperar na organización de eventos, adecentamento e sinalización da ruta ao seu paso polo municipio así como a colaboración con particulares ou emprendedores que están ao pé do Camiño”, afirmou Ameijide.

O Grupo Popular conseguiu no pleno de maio o consenso de toda a corporación para pór en marcha, antes da celebración do ano Santo, dun paquete de dez medidas centradas en tres eixos: mellora da imaxe do camiño, promoción e captación de peregrinos de vilas con tradición xacobea.

“A xornada interrexional que se densenvolveu hoxe en Lugo consistiu no percorrido do tramo urbano do Camiño. A camiñata comezou ás 11.00 horas na ponte da Chanca onde os participantes puideron achegarse a un albergue que impulsou un particular nesta zona. Logo os peregrinos selaron a credencial na igresa de Santiago de A Nova e a Catedral. A visita ao centro de interpretación e tamén a muralla rematou o programa matinal.

Os populares indicaron que “temos pouco máis de dous anos para impulsar estas medidas e para que, dende a administración local, se tome o control e se lideren actuacións que favorezan a proxección do Camiño Primitivo”.“Tendo en conta que o ano pasado unhas 15.000 persoas escolleron esta ruta” matizando que está claro que o Concello debe pór os medios necesarios para que o trazado por Lugo sexa un atractivo turístico e un recordo recomendable” concluíu Ameijide.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com