O PSOE de Vilalba denuncia o mal estado do edificio no que se quere abrir o centro de maiores

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Vilalba denuncia o mal estado do edificio da praza de abastos, lugar onde Agustín Baamonde, alcalde da localidade, pretende poñer a funcionar neste mesmo ano unha unidade terapéutica de día para maiores.

Desde o socialismo vilalbés consideran “lamentable que o equipo de goberno teña aportado miles de euros das arcas municipais para o acondicionamento da planta baixa do edificio sen que este cumpra as mínimas condicións de usabilidade”, afirmou a voceira dos socialistas, Elba Veleiro, subliñando que “tal e como está actualmente esta infraestrutura non pode albergar ningunha actividade no seu interior”.

Debido á antigüidade do material co que está construído o tellado do edificio, o Grupo Socialista pedirá no vindeiro pleno “que se repoña urxentemente a cuberta de uralita”, solicitando tamén ao rexedor “seriedade na toma de decisións, pois está a facer anuncios desesperadamente e sen control para poñer parches aos problemas reais, intentando que as vilalbesas e vilalbeses traguemos con esta medida parcial, nun lugar que precisaría dunha grande inversión para estar acondicionado, e cun servizo que non arranxa en absoluto a necesidade dun centro de día na nosa localidade”.

A crítica do PSOE a estes “anuncios de fume” de Baamonde continúa, “e non cesará ata que o alcalde rectifique neste despropósito de vender solucións que nada teñen que ver coas demandas da veciñanza, e a calquer prezo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com