O PSOE preséntase como unha alternativa “sólida e solvente” no sur da provincia

O cabeza de lista pola provincia de Lugo do PSdeG-PSOE, Luís Álvarez, presentou este mércores en Monforte de Lemos a candidatura socialista da Comarca Sur, alí sinalou que o Partido Socialista “presenta un proxecto para Galicia, para Lugo, e para esta zona do Sur da provincia sólido, realizable solvente”.

Luís Álvarez remarcou que “o PP considera que na provincia de Lugo xa ten os deberes feitos, xa que aquí ten un graneiro de votos, e non precisa investir, só dar limosna, porque xa considera que é suficiente. Por iso dende o PSOE propoñemos un proxecto sólido cun programa que recolle as necesidades de todas as Comarcas”. O cabeza lista tamén explicou que “é un programa realizable porque esta deseñado desde o corazón pero dende a razón, non esa lotería a que nos ten acostumado Feijoo”, insistiu.

“Dende o PSOE sabemos que para o PP e para Feijoo, Lugo non é unha prioridade, por iso vamos a defender e traballar por un proxecto novo para a provincia. Sabemos traballar, sabemos crear ilusión e vamos a esforzarnos para que o 25 de setembro Galicia, Lugo e o Sur da provincia teñan un goberno progresista”, resumiu Álvarez.

O candidato número 3 pola provincia, José Antonio Quiroga, dixo que defenderá no Parlamento de Galicia os intereses dos veciños da zona. “Acepto con responsabilidade este novo reto que asumo co fin atopar solucións aos problemas desta Comarca, e así contribuír a desenvolver as potencialidades como xa fixen ata agora”. Quiroga explicou que traballará entorno a catro eixos. “Por un lado atopar solucións ao despoboamento no rural, denunciar o desmantelamento dos servizos sociais, impulsar o sector primario, e potenciar o turismo”, explicou.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com