Concurso de Polbeiras San Froilan

O San Froilán xa ten casetas e caldeiros do polbo

A comisión avaliadora do proceso de contratación aberto polo Concello para autorizar a instalación das catro casetas e os catro caldeiros do polbo durante as festas do San Froilán deste ano e o vindeiro, reuniuse na mañá deste venres no Edificio Administrativo municipal para abrir as catro ofertas presentadas –Ramiro López López, Torre de
Núñez e José Antonio Pouso Baranda, en representación propia e na de Pulperías Aurora e Hijos- e seleccionar as economicamente máis altas.

Así a as casetas e os caldeiros 1 e 2 serán para José Antonio Pazo Baranda en representación propia que ofertou 15.714,22 euros e 16.044,84 euros respectivamente, a caseta e o caldeiro número 3 para Ramiro López López cunha oferta de 11.425 euros e a caseta e o caldeitro número 4 se adxudicaron ao Torre de Núñez por 10.376 euros, uns céntimos por riba do prezo de saída.

Tal e como establecen as bases que rexen este proceso, o seguinte paso é requerir aos licitadores que presenten estas ofertas para que, nun prazo de dez días hábiles, presenten a documentación acreditativa da personalidade e capacidade de obrar, de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, copia da alta no epígrafe correspondente do IAE, de ter constituída a garantía definitiva procedente (5% do importe anual
ofertado para o caldeiro e/ou caseta), copia do seguro de responsabilidade civil e declaración responsable asinada polo licitador e un proxecto técnico das instalacións (distribución, fachadas, cubertas e deseño interior), asinado por persoal técnico competente, no que se reflictan as condicións para a xustificación e cumprimento da normativa de aplicación para este tipo de actividades.

Para este ano, a montaxe poderase iniciar o día 14 de setembro e comezar a actividade o 3 de outubro, manténdose en funcionamento ata o día 4 de novembro. Todos os postos deberán ter visibles os prezos, que quedan fixados segundo aparecían no prego de  licitación a 12 euros a ración de polbo de 250 gramos, a 1,50 euros os 200 gramos de pan e a 1,50 euros os 200 gramos de cachelos.

As casetas poderán ofrecerlle ao público outros alimentos e bebidas complementarias que non estean reguladas no prego, debendo colocar, tanto no interior como no exterior da instalación, o cadro de prezos autorizado, con cantidade, peso e volume ofertado, visado polo Concello. Para o ano 2019 os prezos poden variar dependendo do prezo do mercado do produto nese momento.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com