Obras de conservación e pavimentación en varias rúas da cidade

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, visitou este martes as obras de mantemento, conservación e pavimentación nas rúas Flor de Lirio, Rei Chiquito, Juana La Loca e no treito da rúa Mazaira con Camiño Verde, nas que o Concello realiza unha inversión de 50.000 euros. Está previsto que estas tarefas finalicen esta mesma semana.

Estes traballos forman parte dun plan de actuacións previstas pola entidade local por un importe de 165.000 euros, que incluía a instalación de alumeado entre Marqués de Ombreiro e Ronda do Carme e no canil de Acea de Olga, así como a renovación da rede de abastecemento no paseo Álvaro Cunqueiro e rúa Vila de Sarria.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo