Comisións Obreiras (CC.OO.) de Industria de Lugo e CIG Industria, despois dunha semana de folga en Inoxidables de Rábade con paros de 2 horas por quenda, veñen de anunciar que, dende maña mércores día 13, increméntanse a 6 as horas de paro por quenda.
A decisión de aumentar o tempo de paro por quenda, tomada en asemblea coa unanimidade dos traballadores, ven a demostrar a vontade, unión e convicción da plantilla en levar as súas reivindicacións ata o final.
Nesta primeira xornada do aumento do tempo de folga os traballadores de Inoxidables de Rábade, concentraranse ás 11:30 horas diante do Concello de Outeiro de Rei onde se fará entrega á corporación diste Concello dun comunicado das reivindicacións que fai esta plantilla á súa dirección.
Entre estas reivindicacións, a plantilla pide que formación, creación dun comedor, revisión e adaptación térmica da nave, cubrición dos aparcadoiros e roupa de traballo. Ademáis, en canto as condicións laborais dos empregados, a plantilla reclama a contratación de carretilleiros cualificados como oficiais de primeira, a equiparación salarial con outras plantas do grupo e dentro da mesma categoría, a revisión das categorías, un plus de toxicidade e perigosidade, incentivos trimestrais de 500 euros e a revisión do calendario laboral estipulando as vacacións de 2018.