Os Mosteiros de Paradela recollidos polo profesor Ángel Fernández López

O próximo mércores, dia 10 de outubro, vaise celebrar en Paradela a presentación oficial do libro Os Mosteiros de Santa María de Castro de Rei e San Facundo de Ribas de Miño (Paradela – Lugo), orixinal do profesor Ángel Fernández López.

Ángel Fernández, natural de Paradela, concello do que é Fillo  Predilecto, foi Inspector de Educación e Delegado Provincial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, e é autor dos libros El Monasterio Cisterciense de Santa María de Castro de Rey, Paradela no tempo e vínculos con Portomarín e Portomarín, anacos da súa historía.

O libro está patrocinado polo Concello de Paradela, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia. Na presentación do libro, que será efectuada polo xornalista Xulio Xiz, participarán os representantes das institucións copatrocinadoras: Sonsoles López Izquierdo, Deputada, pola Deputación Provincial de Lugo; Valentín García Gómez, Secretario Xeral de Política Lingüística, pola Xunta de Galicia, e José Manuel Mato Díaz, Alcalde, polo Concello de Paradela.

O acto terá lugar ás 20:30 horas, no Centro Socio-Cultural Manuel-Oreste Rodríguez López.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo